- Tipo
- Tematica
A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego, organiza a segunda edición do Foro sobre a Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia, que terá lugar, en paralelo ao Festival Abanea, os días 8 e 9 de xullo de 2026, nos concellos de Ames e Outes.
- PROGRAMA DE MESAS-COLOQUIO:
Mércores, 8 de xullo de 2026
Lugar e hora: Pazo da Peregrina, AMES, a partir das 16:00 h.
Xoves, 9 de xullo de 2026
Lugar e hora: Casa da Cultura, OUTES, a partir das 16:00 h.
Trátase dunha acción coordinada por ISMO Cultura e co apoio da asociación Escena Galega, concibida como unha acción complementaria ás estratexias de promoción exterior que veñen impulsando a presenza da danza galega en plataformas internacionais, tales como Quinzena de Almada, Cádiz en Danza ou Dansa València. Nesta ocasión, a proposta fai o movemento inverso: recibir en Galicia a programadores/as, responsables de festivais, redes de distribución e medios especializados para compartir con eles o noso contexto creativo e favorecer novas oportunidades de circulación.
Horarios previstos:
Mércores, 8 de xullo:
16:00–16:30h | Recepción e café de benvida
16:30–18:00h | Mesa: Circulación nacional e internacional da danza contemporánea: de España a Europa
18:00-18:30h | Pausa-café
18:45–19:45h | Networking: Espazo de presentación de compañías e proxectos galegos.
Xoves, 9 de xullo:
16:00–16:30h | Recepción e café de benvida
16:30-18:00h | Mesa: A danza galega desde unha mirada exterior
18:00-18:30h | Pausa-café
18:30-20:00h | Mesa. Como fortalecer a presenza da danza galega nos mercados nacionais e internacionais
- PROGRAMA DE SHOWCASES:
O Foro inclúe tamén unha mostra do talento da creación contemporánea galega a través de catro actuacións curtas.
8 de xullo | AMES 13:00 h na Praia de Tapia
Máis (Daydream), de Martín Blanco
Monte, de Laboratorio Escénico
9 de xullo | OUTES
13:00 h no Club de Piragüismo: Solastalgia, de Corpo Liminal
14:00 h na Casa da Cultura: Danzalismos, de VACAburra
Unha vez finalizada a actividade profesional, Abanea Festival convida a continuar compartindo a xornada diaria nun ambiente distendido, desfrutando da programación prevista.
Programa do festival: https://www.ismocultura.com/abanea-gal
Para facilitar a coordinación e a planificación do espazo de acollida, agradécese confirmación de asistencia ao Foro sobre a Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia a través do mail: formacion.ccg@xunta.gal





