Pestanas principais

>Foro de internacionalización da danza

Mércores, 8 xullo, 2026
A partir das 12.30 horas

A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego, organiza a segunda edición do Foro sobre a Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia, que terá lugar, en paralelo ao Festival Abanea, os días 8 e 9 de xullo de 2026, nos concellos de Ames e Outes. 

  • PROGRAMA DE MESAS-COLOQUIO:

Mércores, 8 de xullo de 2026  

Lugar e hora: Pazo da Peregrina, AMES,  a partir das 16:00 h. 

Xoves, 9 de xullo de 2026

Lugar e hora: Casa da Cultura, OUTES, a partir das 16:00 h.

Trátase dunha acción coordinada por ISMO Cultura e co apoio da asociación Escena Galega, concibida como unha acción complementaria ás estratexias de promoción exterior que veñen impulsando a presenza da danza galega en plataformas internacionais, tales como Quinzena de Almada, Cádiz en Danza ou Dansa València. Nesta ocasión, a proposta fai o movemento inverso: recibir en Galicia a programadores/as, responsables de festivais, redes de distribución e medios especializados para compartir con eles o noso contexto creativo e favorecer novas oportunidades de circulación.

Horarios previstos:

Mércores, 8 de xullo: 

16:00–16:30h | Recepción e café de benvida

16:30–18:00h | Mesa: Circulación nacional e internacional da danza contemporánea: de España a Europa

18:00-18:30h | Pausa-café

18:45–19:45h | Networking: Espazo de presentación de compañías e proxectos galegos.

Xoves, 9 de xullo:

16:00–16:30h | Recepción e café de benvida

16:30-18:00h | Mesa: A danza galega desde unha mirada exterior

18:00-18:30h | Pausa-café

18:30-20:00h | Mesa. Como fortalecer a presenza da danza galega nos mercados nacionais e internacionais

  • PROGRAMA DE SHOWCASES:

O Foro inclúe tamén unha mostra do talento da creación contemporánea galega a través de catro actuacións curtas.

8 de xullo | AMES 13:00 h na Praia de Tapia

Máis (Daydream), de Martín Blanco

Monte, de Laboratorio Escénico 

9 de xullo | OUTES

13:00 h no Club de Piragüismo: Solastalgia, de Corpo Liminal

14:00 h na Casa da Cultura: Danzalismos, de VACAburra

Unha vez finalizada a actividade profesional, Abanea Festival convida a continuar compartindo a xornada diaria nun ambiente distendido, desfrutando da programación prevista.

Programa do festival: https://www.ismocultura.com/abanea-gal

Para facilitar a coordinación e a planificación do espazo de acollida, agradécese confirmación de asistencia ao Foro sobre a Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia a través do mail: formacion.ccg@xunta.gal