Pestanas principais

>Presentación: El corazón sensible, en Bertamiráns

Mércores, 29 abril, 2026
Ás 18.00 horas

Para celebrar o Mes do Libro, este mes de abril sucederanse contacontos, obradoiros, actividades do programa Apego, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, un concurso de debuxo infantil e a presentación do libro antolóxico cos textos premiados no XXII Certame literario. A maiores, organízase a V campaña Superlectores/as, que se vai desenvolver do 1 de abril ao 13 de outubro nas bibliotecas de Ames. Podes descargar a programación completa premendo na seguinte ligazón.

O libro infantil El corazón sensible, escrito pola autora galega Yolanda Penas Varela, ilustrado por Bertardo Koiti Tan e editado pola editorial Apuleyo, será presentado na Biblioteca de Bertamiráns o mércores 28 de abril, ás 18.00 horas. Diversidade, emocións e valores son algunhas das denominacións que describen a obra.

Esta peza aborda a historia de Nía, unha nena cunha sensibilidade profunda que transmite unha visión do mundo achegada e inspiradora para todos nenos e nenas con alta sensibilidade.