Pestanas principais

>Exposición dunha reprodución de "A derradeira leición do mestre" (Bertamiráns)

mércores, 30 Abril, 2025 a luns, 12 Maio, 2025
De luns a venres: 09.00-21.00 e sábado de 09:00-14.00 horas

Durante 2025 estase celebrando o Ano Castelao polo 75 aniversario do seu pasamento. Deste xeito, o Concello de Ames tamén se suma a dita homenaxe cunha programación de actividades específica que comezou coa exposición dunha reprodución do cadro “A derradeira leición do mestre” nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. O cadro estivo exposto na Casa da Cultura do Milladoiro do 22 ao 30 de abril; e agora está na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o luns 12 de maio.

O grupo Chévere fixo unha reprodución do cadro para presentala en contextos públicos diversos, asociada a un breve cuestionario ao que se accede desde un código QR. Esta actividade enmárcase no proceso de creación da nova obra de teatro que a compañía está preparando. Trátase dun espectáculo protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, que toma como punto de partida o cadro de Castelao, para falar de como se constrúen as narrativas da memoria.