Pestanas principais

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de PSX do servizo de comedores escolares

Mércores, 30 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a fixación dunha nova data para a realización do segundo exame (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.

Fíxase como data de realización por parte das persoas aspirantes do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test), de carácter obrigatorio e eliminatorio, o sábado, 10 de maio de 2025, ás 11:00 horas, na Sala de Usos Múltiples (SUM) do IES de Ames, situado na Avenida da Peregrina, s/n, en Bertamiráns.