Pestanas principais

Éxito das seleccións de fútbol gaélico na Gaelic Euro Cup

Martes, 14 de agosto de 2018

[14-08-2018] Este domingo a selección feminina de fútbol gaélico converteuse na gañadora do primeiro Gaelic Euro Cup, mentres que o combinado masculino quedou subcampión. Ambas seleccións enfrontáronse na final coa selección francesa no marco do Festival Intercéltico de Lorient, logo de facer diferentes adestramentos durante os meses de verán en Ames.


As seleccións galegas de fútbol gaélico erixíronse como grandes protagonistas neste primeiro Gaelic Euro Cup, celebrado este domingo 12 de agosto en Lorient, ao converterse en campión o equipo feminino e subcampión o grupo masculino, ámbolos dous fronte a selección francesa.

No tocante ó combinado feminino, estas gañaron despois dun partido moi igualado, no que tiveron que ir á prórroga para un desempate que acabou en 28-24, e no que Uxía Castro acadou o título de MVP da competición. En canto aos xogadores masculinos, fóronse ao descaso cun empate 5-5 que avanzou ata o 10-9 en favor dos galegos dez minutos antes do final do partido, tempo no que os franceses conseguiron remontar.

Adestramento en Ames
Ao longo do verán, o Concello de Ames amosou o seu apoio ao desenvolvemento do fútbol gaélico mediante o cese dos campos deportivos do Milladoiro e Bertamiráns para o adestramento de ambos equipos. Entre as sesións de preparación que tiveron lugar no concello, están as do 12 de xullo das dúas selección e o 2 de agosto da selección feminina.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Éxito das seleccións de fútbol gaélico na Gaélic Euro Cup"