[17-08-2017] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está hoxe e mañá no Milladoiro. O vehículo atópase estacionado na rúa da Curuxa, ao carón do supermercado El Árbol, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar. O Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.
Durante o ano 2016 Ames acadou 43 doazóns por cada 1.000 habitantes. O obxectivo para este ano é manter este elevado nivel de solidariedade, por riba das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes). Para iso o Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.
Para pode colaborar nesta campaña unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) está hoxe e mañá no Milladoiro. O vehículo está estacionado na rúa da Curuxa (ao carón de Supermercados El Árbol) en horario e 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Ademais, o xoves 24 e o venres 25 de agosto, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará estacionada na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.
Recórdase así mesmo ás e aos doantes que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Poden doar as persoas maiores de 18 anos e menores de 65 anos -idade a partir da cal é preciso un permiso médico- e nun estado normal de saúde.
Recomendacións para doar
As recomendacións para persoas que queiran doar, así como os requisitos, poden obterse premendo nas ligazóns do apartado de descargas. Ademais o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.
Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "La campaña de donación de sangre se mantiene hoy en Milladoiro"