Pestanas principais

Número de teléfono gratuíto para avisar de posibles afectacións na recepción do sinal da TDT

Venres, 02 de setembro de 2016

[02-09-2016] O Concello der Ames informa que por mor da implantación dos novos servizos móbiles 4G en Ames poden aparecer determinadas afectacións na recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) . Os usuarios/as que perciban este tipo fallos na recepción do seu sinal de TDT poden chamar ao teléfono de atención gratuíto que habilita o Ministerio de Industria, Energía y Turismo como parte do procedemento de instalación do novo servizo. O teléfono de atención gratuíto é o 900 833 999 Tamén se está a disposición dos usuarios/as a páxina web www.llega800.es á que se pode recorrer para solicitar as actuacións que solucionen as devanditas afectacións, de xeito que se poida restablecer o servizo de TDT con normalidade.