Pestanas principais

>XXXV Descenso do Tambre

Sábado, 25 xullo, 2026
Ás 12.00 horas

O sábado, 25 de xullo, a partir das 12.00 horas, realizarase o XXXV Descenso do Tambre, dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia. Cómpre destacar que este ano o Club de piragüismo Ribeiras do Tambre celebra o seu 40 aniversario.

O sábado, 25 de xullo, de 12:00 a 13:30 horas, celebrarse o XXXV Descenso do Tambre do Concello de Ames. Trátase dunha competición amigable para as categorías xuvenil, sénior e veteranos, que se vai a celebrar dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia.  As embarcacións que poderán participar na proba serán K-1 e C-1. A distancia do descenso é de 5.400 metros.

A proba está aberta a todos os clubs de piragüismo e seccións de piragüismo de entidades deportivas de toda España e que, tanto aqueles como os/as deportistas, cumpran a normativa de afiliación establecida pola Federación Galega ou Española de Piragüismo para a tempada 2026. A proba disputarase para as seguintes categorías: 

-Kaiak home: veterano, sénior e xuvenil. 
-Kaiak muller: veterana, sénior e xuvenil. 
-Canoas homes: veterano, sénior e xuvenil. 
-Canoas mulleres: veterano, sénior e xuvenil. 

Cada club poderá inscribir en cada proba o número de embarcacións e padexeiros/as que considere, sen límites, debendo estes estar en posesión da licenza federativa da presente tempada 2026. As inscricións deberán ser realizadas mediante a aplicación web da Federación Galega de Piragüismo ata o martes 21 de xullo. As anulacións e modificacións poderán facerse no horario de recollida de dorsais (das 10:30 horas ás 11:00 horas) no lugar habilitado como oficina de organización na praia fluvial de Tapia o mesmo día da regata. Os deportistas da categoría cadete poden inscribirse, nesta regata, na categoría xuvenil.