Pestanas principais

> XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

Domingo, 5 febreiro, 2023
A partir das 10:20 horas

O domingo 5 de febreiro celebrarase no circuíto da travesía do Porto, no parque empresarial Novo Milladoiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo na que poderán participar todos os atletas que conten con ficha na propia F.G.A. O prazo para anotarse xa está aberto, e os interesados en participar deben formalizar a súa inscrición na páxina web da RFEA antes das 20:00 horas do luns 30 de xaneiro. O campionato estará dividido en diferentes categorías: sub10, sub12, sub14 (todas elas con proba masculina e proba feminina), sub16 e absoluta (probas mixtas).

O campionato dará comezo coa proba sub12 masculina, que terá un recorrido de dous quilómetros e está programada para as 10:20 horas. Posteriormente, desenvolverase a carreira sub12 feminina, ás 10:35 horas, na que tamén se percorrerán dous quilómetros.

Ás 10:50 e ás 11:00 horas será a quenda dos participantes na categoría sub10 masculina e feminina, respectivamente, que correrán un quilómetro. Xa ás 11:10 terá lugar a proba sub14 masculina, e ás 11:35 a feminina. En ámbalas dúas o percorrido será de tres quilómetros.

Para finalizar, celebraranse as dúas probas mixtas da xornada, a da categoría sub16 e a absoluta. A primeira comezará ás 12:00 horas, e os participantes deberán correr cinco quilómetros; mentres que na segunda a sinal de saída darase ás 12:35 horas, e os participantes terán dez quilómetros por diante.