- Tematica
O programa “Espazos para a reflexión” retoma a súa actividade este mércores, 8 de febreiro, cunha xornada informativa sobre TDAH. Nesta ocasión, a charla será dirixida polas relatoras e psicólogas Claudia Balado e Carmen Tomás da Fundación INGADA. A sesión realizarase a partir das 19.00 horas no IES Milladoiro.
Os “Espazos para a reflexión” son unha iniciativa na que colaboran o IES Milladoiro (rede de convivencia), a ANPA do instituto e mailo departamento de Educación Familiar de Benestar Social do Concello de Ames. Durante este mes de febreiro realizaranse tres novas sesións. Ademais da do mércores 8, o luns 13 celebrarase unha segunda xornada sobre xestión de conflitos e o luns 27 de febreiro outra sobre os camiños da sexualidade, nas que intervirá a formadora Rebeca González.