Pestanas principais

>Xogos da Semana Europea da Mobilidade

Sábado, 17 setembro, 2022

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade o aparcadoiro da travesía do Porto, no Milladoiro, acollerá unha serie de xogos e actividades orientados á rapazada dos 4 aos 12 anos.

A proposta acollerá de xeito simultáneo uns xogos populares en bicicleta e a proposta “Coñecendo a Unión Europea”. Será a partir das 17:00 horas cando a rapazada poida gozar desta actividade. Para participar nestas actividades recoméndase inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal.

De xeito simultáneo, haberá unha mostra de bicis, patíns e motos eléctricas no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, por cortesía de WECO mobility.