- Tipo
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza este venres, 2 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas, a iniciativa Stock Fóra. Deste xeito, a localidade de Bertamiráns acollerá unha tarde chea de diversión e actividades para toda a familia. Haberá música polas rúas a cargo dunha charanga, talleres para os máis pequenos, flocos de millo e unha ruleta con agasallos. Ademais, con tíckets de compra por un importe mínimo de 10 euros, poderase participar na ruleta de agasallos. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Ames, a Xunta de Galicia e Comercio Galego para dinamizar o comercio local e gozar dunha tarde especial.
Stock Fóra é unha iniciativa organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e na que colabora o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica. Con esta campaña preténdese incentivar e impulsar á veciñanza a mercar no comercio local cunha xornada na que os establecementos poidan sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou en desconto.
Polo tanto, este venres 2 de outubro, os comercios de Bertamiráns, adheridos a XEA, poderán sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou desconto. Poderase atopar unha ampla variedade de produtos, como roupa, zapatos, libros ou artesanía, entre outros. A iniciativa realizarase polas rúas de Bertamiráns. Deste xeito, búscase incentivar a compra no comercio de proximidade, ademais de dinamizar e animar a vida nas rúas de Ames.
Contarase coa actuación dunha charanga que animará as rúas, talleres para os máis pequenos, flocos de millo e unha ruleta con agasallos. Ademais, con tíckets de compra por un importe mínimo de 10 euros, poderase participar na ruleta de agasallos. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Ames, a Xunta de Galicia e Comercio Galego para dinamizar o comercio local e gozar dunha tarde especial.





