Pestanas principais

X Seminario Obradoiro Internacional de Avaliaión de Materiais

venres, 29 Marzo, 2019 a sábado, 30 Marzo, 2019
Das 17.30 ás 19.00h; das 10.30 ás 12.30h

A robótica educativa será a protagonista da décima edición do Seminario Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos, que se celebra no Pazo da Peregrina (venres) e na Casa da Cultura de Bertamiráns (sábado) os días 29 e 30 de marzo. Nestas xornadas abordarase que facer cos robots nas escolas e nos fogares. A entrada é de balde previa inscrición, e está aberto a todo o público.