- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a súa programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Ás voltas cos cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 5 e 19 de outubro e mailo 30 de novembro. O obxectivo destas saídas é mellorar o coñecemento da veciñanza sobre estes prezados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
“Ás voltas cos cogomelos” é o nome da actividade proposta pola Aula da Natureza para facer tres saídas para recoller cogomelos. Deste xeito, realizaranse dúas saídas guiadas no mes de outubro e outra no mes de novembro, a través das cales as persoas participantes poderán identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames e de fóra do concello. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos na que se trata de impartir diversas nocións co obxectivo de coñecer mellor estes apreciados fungos.
A primeira saída realizarase este domingo 5 de outubro e desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 a 14:00 horas. Os/as participantes desprazaranse ata A Ameixenda para facer unha saída pola contorna da Aula da Natureza, que está situada no lugar de Quintáns. Haberá servizo de autobús para achegarse ata A Ameixenda, con saída ás 10.00 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:15 horas do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A saída estará dirixida por Jaime Bernardo Blanco Dios, micólogo e presidente da Asociación Micolóxica Brincabois.
A segunda saída está prevista para o domingo 19 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. A terceira e última saída será o domingo 30 de novembro, tamén de 10:00 a 14:00 horas. Os lugares destas dúas saídas determinarase segundo as condicións meteorolóxicas e tamén estarán dirixidas por Jaime Bernardo Blanco Dios, micólogo e presidente da Asociación Micolóxica Brincabois.
Para as tres xornadas de “Ás voltas cos cogomelos” ofértanse un total de 120 prazas, 40 prazas para casa saída. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse. Para iso hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Para as tres saídas haberá servizo de autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.





