Pestanas principais

>Volta ao cole no comercio, no Milladoiro

Martes, 1 setembro, 2026
De 17.00 a 20.30 horas

A área de autocaravanas, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por quinto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole no comercio”, que organiza XEA en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

Deste xeito, o vindeiro martes 1 de setembro no Milladoiro dessenvolveranse as xornadas de “Volta ao cole no comercio”, que terán lugar entre as 17.00 e as 20.30 horas. Así, ao longo de toda a tarde, haberá diferentes actividades para os máis pequenos, coma varios inchables (un deles de 100 metros), que estarán divididos en función do curso escolar; xogos do mundo e disco móbil.

Ademais desta serie de propostas lúdicas, haberá un sorteo especial de packs de material escolar organizado por XEA. Para poder participar, abonda con realizar unha compra en calquera dos establecementos asociados a XEA dende hoxe, cubrir os vales coa información do ticket de compra e depositalos dentro dunha furna o día da festa: o martes 1 de setembro no Milladoiro.