Pestanas principais

>Visita do Apalpador

Venres, 17 decembro, 2021

O Apalpador visita o Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 17 de decembro ás 17:00 horas cos cantos e contos de Anxo Moure.

O Apalpador volve a Ames cargado de contos e cantos e cun agasallo máxico para todas as crianzas que o veñan ver. Tamén recollerá as cartas que as nenas e os nenos lle queiran deixar. A actividade dirixida a un público familiar é de balde. Para participar hai que inscribirse do 9 ao 16 de decembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.