Pestanas principais

>Viaxe a Carballolandia

Sábado, 17 abril, 2021
De 10.00 a 20.00 horas.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, organizaunha excursión o sábado 17 de abril a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Sairase ás 10.00 e voltarase ás 20.00 horas. Esta actividade, de balde, está dirixida a un público familiar.

Trátase dunha xornada no eco-espazo de Carballolandia, na Ribeira Sacra, na que nos achegaremos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna uvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Precísase inscrición previa que se poderá facer, do 7 ao 14 de abril, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. A actividade é de balde.