Pestanas principais

Teatro: "A lingua das bolboretas"

Venres, 29 xaneiro, 2021
Ás 20.30 horas.

A obra de teatro para adultos "A lingua das bolboretas" representarase no Milladoiro, ás 20.30 horas, da man da compañía Sarabela Teatro. 

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.