Pestanas principais

>Teatro infantil: The Show Moscón

Martes, 22 decembro, 2020
Ás 18.00 horas.

A programación teatral infantil do segundo semestre de 2020 pecha este martes, 22 de decembro, coa obra The Show Moscón. Este espectáculo, que chega da compañía Galitoon, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas.

The Show Moscón, unha obra dirixida para nenos e nenas, é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón. Un marabilloso circo ambulante representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que hai no seu interior.

O segundo espectáculo infantil representarase o 22 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro que ten un aforo de 55 persoas.

Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.