Pestanas principais

>Teatro-danza: EntreSoños

Mércores, 23 decembro, 2020
Ás 21.00 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o 23 de decembro a obra EntreSoños. Este espectáculo, da man de Fran Sieira - Compañía de danza,  terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21.00 horas.

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega presentada dende unha perspectiva actual.  A peza, de 1 hora e 10 minutos, conta cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.

Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias. Na Casa da Cultura de Bertamiráns haberá espazo para 75 espectadores.