Pestanas principais

> Teatro: "Contos arraianos"

Venres, 10 febreiro, 2023
Ás 20:30 horas

A compañía Sarabela Teatro presenta o venres 10 de febreiro a obra teatral "Contos arraianos" en Ames. Terá lugar ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

"Contos arraianos" é unha das obras fundamentais da literatura, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Trátase dun microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído nos lindes da realidade e da fantasía.