Pestanas principais

> Teatro: "Búho"

Venres, 3 febreiro, 2023
Ás 20:30 horas

A compañía Titzina achega a Ames a obra de teatro "Búho", que será representada o venres 3 de febreiro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. Nela nárrase a historia de Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos que sofre un ictus e acaba padecendo amnesia severa. Os espectadores poderán asistir a unha procura interior pola súa memoria para recuperar as súas lembranzas, e, en definitiva, a súa identidade. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Titzina é unha compañía catalana, con marcada personalidade, que acadou un posto destacado no teatro contemporáneo en España. Crea as súas obras a partir dun longo traballo de investigación antropolóxica de entrevistas e convivencias, explorando con gran sensibilidade as relacións e os conflitos cotiáns, os que elevan a unha dimensión cómica e tráxica. Os seus traballos caracterízanse por ser afinados, suxestivos, fondos e poéticos.