Pestanas principais

Taller Arrolos de salitre

Venres, 26 abril, 2019
Ás 17.00 e ás 18.00h

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o venres 26 dúas sesións, ás 17.00 e ás 18.00h, do obradoiro Arrolos de Salitre. Este taller de cantos de berce, conducido por Faia Díaz e Guillerme Fernández, está dirixido futuros pais/nais e familias con pequenas/os de 0 a 3 anos que queiran aprender nanas e cantos para arrolar e transmitirlles sensacións aos pequenos/as.

Impartido por Faia Díaz e Guillerme Fernández