- Tipo
- Tematica
O programa Apego comeza a súa programación habitual para as crianzas amesás neste mes de setembro. Desta volta, organizan o concerto “Son animal” de Paco Nogueiras. Trátase dun espectáculo musical dedicado aos sons dos animais, que nos convida a bailar e a cantar divertidas cancións en familia con estilos musicais moi variados, dende pezas con raíz tradicional ata ritmos electrónicos, rock&roll ou rap. Esta actividade, que é de balde, celebrarase o venres 11 de setembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, xoves 3 de setembro, ata o vindeiro día 10.
O proxecto Apego retoma a súa programación habitual neste mes de setembro. Nesta ocasión, organizan o concerto “Son animal”, un novo espectáculo de Paco Nogueiras adicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións con estilos musicais moi variados. Neste espectáculo, Paco Nogueiras interpreta cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock&roll, dende unha fanfarria circense ata unha melodía de influencias andinas.
Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu son. Un espectáculo musical dedicado aos sons dos animais, que nos convida a bailar e a cantar divertidas cancións en familia con estilos musicais moi variados, dende pezas con raíz tradicional ata ritmos electrónicos, rock&roll ou rap.
Esta actividade é de balde e está dirixida a un público familiar. Desenvolverase o venres 11 de setembro, a partir das 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, día 3, ata o vindeiro xoves 10 de setembro e, para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.





