Pestanas principais

>Shukran de Nadia Rilo (Espectáculo de Danza Oriental e do Mundo)

Venres, 27 xuño, 2025
Ás 19.30 horas

O vindeiro venres, 27 de xuño, ás 19.30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a Gala de fin de curso "Shukran", de Nadia Rilo, un espectáculo de Danza Oriental e do Mundo. Nesta actuación, ademais da bailarina e profesora de danza oriental Nadia Rilo, estarán presentes os grupos: Shakti Danza, Rasu Tanit, Jeanu On Heels e Alumnas de Nadia Rilo. Así mesmo, contarase coas seguintes artistas convidadas: Rebecca HaNun, Vicky Farauala, Rosa Salanova, Candela, D'Ariya, Hayalda Belu, Ilda, Viviana Buitrón e Martía Alkayali. A entrada será de balde ata completar aforo.