Pestanas principais

> Sesións de contos en Bertamiráns

martes, 19 Abril, 2022 a xoves, 21 Abril, 2022
ás 17:30 horas

“Unha lea de contos” é a proposta de abril de narrativa oral das bibliotecas amesás para as crianzas de 3 a 8 anos. De novo, a actividade contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. No Milladoiro a actividade desenvolverase os días 5, 6 e 7 de abril, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 19, 20 e 21.

O prazo de inscrición para as sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto do venres 8 ao mércores 13 de abril, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.