Pestanas principais

>Seráns de Ames (praia fluvia de Tapia)

Xoves, 28 agosto, 2025
A partir das 17.30 horas

Este xoves, 28 de agosto, celébrase a derradeira sesión dos Seráns de Ames, que desta volta traerá unha proposta lúdica de xogos para a rapazada e unha actuación musical da man de Mary Iglesias. O espectáculo, dirixido ao público familiar, desenvolverase na praia fluvial de Tapia, a partir das 17.30 horas. Estas actividades son de acceso libre e gratuíto.

Durante os xoves de xullo e agosto os Seráns de Ames ofreceron diferentes propostas culturais en varias parroquias do concello para todos os públicos. Este xoves, 28 de agosto, a partir das 17.30 horas, será a quenda da derradeira xornada deste programa. Nesta ocasión, a praia fluvial de Tapia acollerá dúas propostas. 

A actividade “xogos miudiño”, dirixida aos nenos e nenas de ata 12 anos, na que poderán gozar e experimentar a través de xogos clásicos coma os zancos, aros, a ferradura ou o tiracroios. Deste xeito, os máis pequenos da casa, poñerán a proba as súas habilidades ao tempo que exploran novas posibilidades de xogo. 

Por outra banda, ás 19.30 horas, haberá unha actuación musical a cargo de Mary Iglesias, unha artista profesional con formación en amplos xéneros de danza como clásica, jazz contemporáneo ou ballet. Ademais, Iglesias foi a gañadora do Canta con Ames na categoría xuvenil da edición de 2022. 

A iniciativa dos Seráns de Ames, que orixinalmente naceu no 2021 como os Seráns de Tapia ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello. Nesta edición, houbo un total de 6 propostas repartidas en 5 parroquias amesás.