Pestanas principais

>A Ser estará en directo en Bertamiráns para presentar a programación de verán

Martes, 22 xuño, 2021
Ás 12.40 horas.

A cadea Ser estará o martes 22 de xuño, a partir das 12.40 horas, na Praza da Mahía de Bertamiráns para presentar, en directo, a programación de verán organizada polas concellarías de Cultura, a Aula Informática, Deportes, Normalización Lingüística, as Bibliotecas, Mocidade, Promoción Económica, Benestar Social, Servizos Sociais e a Aula da Natureza.