Pestanas principais

>Relatorios UCGAL: O problema da vivenda: dereitos e solucións, en Bertamiráns

Mércores, 15 abril, 2026
Ás 19.30 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

A Unión de Consumidores de Galicia impartirá O problema da vivenda: dereitos e solucións, o 15 de abril n Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Este relatorio abordará a cuestión da vivenda dende unha óptica contractual: dereitos e obrigas á hora de comprar ou alugar, transparencia contractual, documentación obrigatoria, protección fronte a cláusulas abusivas... Un relatorio que será clave para poder comprender certas cuestións legais de alta importancia.