- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
A Unión de Consumidores de Galicia ten programada outra formación no mes de setembro. Baixo o nome Comercio electrónico: como evitar fraudes, as persoas participantes recibirán unha instrución sobre como comprar e vender en liña de xeito seguro e sorteando estafas. Abordaranse cuestións como a posta a punto dos dispositivos, identificación das tendas en liña de confianza e os seus titulares, detección de fraudes como phishing ou carding, estafas a través do correo electrónico, ou requisitos de información previa e específicos adicionais para os contratos celebrados en mercados en liña.





