Pestanas principais

>Recitais de poesía e faladoiro

Martes, 23 marzo, 2021
Ás 20.00 horas.

O martes 23 de marzo, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais de poesía e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia coa participación de Diego Horschovsk,  Dinamizador cultural e organizador Poetry Slam Compostela e Filosofía a Pé de Rúa; Anna R. Figueiredo, escritora, divulgadora cultural e vicepresidenta da AELG; e Carlos Da Aira, poeta e organizador de Poemagosto, Festival Internacional de Poesía en Allariz.

A entrada é gratuíta até completar aforo (30  persoas).