- Tematica
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de decembro tres actividades de aprendizaxe nas que haberá presenza de profesionais de éxito co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os emprendedores poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Todas as actividades se desenvolverán no Espazo colaborativo A Proa. A entrada para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.
A Proa é un espazo de traballo colaborativo que ten como obxectivo ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego. A instalación está pensada para que persoas autónomas e emprendedoras compartan espazos, fomentando a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.
Mércores 10 de decembro: Orzamento Comercial con Gamma
“Orzamento Comercial con Gamma” é un obradoiro de dúas horas enfocado a emprendedores, profesionais de venta e equipos comerciais, no que se ensinará a elaborar correctamente orzamentos de calidade profesional dun xeito sinxelo e rápido mediante Gamma, unha potente ferramenta impulsada por Intelixencia Artificial. Os asistentes adquirirán as habilidades para transformar información básica nun orzamento completo e ben estruturado a nivel visual e funcional.







