Pestanas principais

>Podcast “Quedamos para un café”

Martes, 24 outubro, 2023
De 17:00 a 20:00 horas

O vindeiro martes, 24 de outubro, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a gravación do podcast “Quedamos para un café”, dirixido por María José Bermúdez, Seu. O evento, que se celebrará de 17:00 a 20:00 horas, será aberto a todos os públicos ata completar aforo, de xeito gratuíto, e conta coa colaboración do Concello de Ames e de Raiola Networks. Haberá unha mesa redonda con distintos podcasters, e o invitado principal será Ángel Carracedo, catedrático de medicina legal, investigador e experto internacional en xenética.

A podcaster Seu ofrece o vindeiro martes, 24 de outubro, un novo programa de “Quedamos para un café”, que chega á súa 40ª emisión. Coa colaboración do Concello, este programa realizarase en directo dende a Casa da Cultura do Milladoiro, a onde se poderá achegar todo aquel que o desexe para participar como público, de xeito gratuíto.

O evento desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 horas. Para comezar, os patrocinadores saudarán aos participantes, para posteriormente dar paso a unha mesa redonda na que participarán Patricia Pérez, Leo Menéndez e Paula Morais, todos eles podcasters. Cada un deles falará dos seus proxectos, do que lle aportan persoal e profesionalmente e de cales son os seus podcasts favoritos.

Para rematar, desenvolverase o acto de clausura, cos agradecementos e a despedida. Arredor das 19:15 horas terá lugar unha sorpresa para todos os asistentes.

“Quedamos para un café”
“Quedamos para un café” é un podcast dirixido por María José Bermúdez, Seu, asistente virtual, produtora de podcasts e editora de audio. Leva en emisión dende maio de 2021, e acumula 38 programas en emisión. Nel, Seu aborda experiencias de vida, conversando con persoas ás que admira e respecta.