Pestanas principais

PLENO ORDINARIO DE XANEIRO

Xoves, 26 xaneiro, 2023
20:30 h

ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto segundo. Aprobación, se procede, de actas anteriores (sesión ordinaria do 29.12.2022).
Punto terceiro. Aprobación da execución da prórroga obrigatoria do actual contrato do Servizo
de Axuda no Fogar (SAF).
Punto cuarto. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación puntual do
Regulamento de funcionamento dos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes
divertidas do Concello de Ames.
Punto quinto. Declaración de especial interese ou utilidade municipal das obras de edificación
de residencia de persoas maiores en Milladoiro, para posterior concesión de bonificación na
cota do ICIO.
Punto sexto. Aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das
instalacións culturais de propiedade municipal.
Punto sétimo. Elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames.
Punto oitavo. Inicio de expediente para a prestación do servizo de transporte público de Ames.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto noveno. Rogos e preguntas.