- Tematica
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto segundo. Aprobación, se procede, de actas anteriores (acta da sesión ordinaria do
25.11.2021).
Punto terceiro. Rectificación do inventario municipal 2021.
Punto cuarto. Solicitude de subvención nominativa á Deputación provincial da Coruña para a
execución das obras de creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns, Ames.
Punto quinto. Autorización do segundo incremento da cantidade global destinada á asignación
de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento 2021.
Punto sexto. Continuidade da prestación do servizo do Ciclo Integral da Auga (CIA) pola
concesionaria Espina & Delfín SL, a partires do 31.12.2021.
Punto sétimo. Revisión de prezos Urbaser SA 2021.
Punto oitavo. 7ª prórroga do contrato asinado con Urbaser SA para a xestión da limpeza viaria
e do punto limpo do Concello de Ames, polo prazo de 6 meses.
Punto noveno. Proposta de Ames Novo de adecuación dos límites de velocidade ao
establecido polo R.D. 970/2020 en diversas estradas do concello. R.E. 23237/2021 do
15.12.2021.
Punto décimo. Proposta conxunta do grupo municipal Socialista, grupo municipal Contigo
Podemos e do grupo municipal Ames Novo instando ás autoridades da República de El
Salvador a dar cumprimento á sentenza do Tribunal Interamericano de dereitos humanos de 2
de novembro de 2021. R.E. 23259 do 15.12.2021.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo primeiro. Rogos e preguntas.
Segundo. Comunicar ás/ós señoras/es concelleiras/os que os asuntos que se tratarán na dita
sesión atópanse a súa disposición para ser examinados na Secretaría Xeral a partir da data
desta convocatoria. Non obstante, a documentación será remitida vía telemática os señores
concelleiros/as xunto coa convocatoria.
No caso de non poder asistir á sesión plenaria, deberán acreditalo con antelación suficiente
ante esta Alcaldía.
De non se poder celebrar a sesión por falta do número legal de asistentes (artigo 46.2.c da Lei
7/1985, de 2 de abril) entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous
días despois (artigo 90.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico
das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro).
Terceiro.- Notifíquese en forma axeitada á legalidade.