Pestanas principais

PLENO ORDINARIO ABRIL

Xoves, 28 abril, 2022
20.30 h

ORDE DO DÍA:
A) PARA DAR CONTA:
Punto primeiro. Dar conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a
última sesión plenaria ordinaria.
B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:
Punto segundo. Aprobación, se procede, de actas anteriores (sesión ordinaria de 31.03.2022,
sesión extraordinaria de 07.04.2022).
Punto terceiro. Revisión de prezos do contrato de xestión do servizo público do Ciclo Integral
da Auga do Concello de Ames.
Punto cuarto. Modificación do plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames. Período
2020-2022.
Punto quinto. Revisión de prezos do contrato de concesión da limpeza viaria e xestión do
punto limpo do Concello de Ames adxudicado á empresa Urbaser SA.
Punto sexto. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Ames, e a UTE “XG-807”, para a implantación
dun servizo de interese municipal (SIMU) no Concello de Ames.
Punto sétimo. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos,
solares e parcelas en solo urbano, núcleo rural e urbanizable delimitado ou con instrumento de
planeamento aprobado definitivamente, e da conservación dos peches vexetais.
Punto oitavo. Modificación puntual do Acordo regulador polo que se establece a mellora
voluntaria da acción protectora da Seguridade Social nas situacións de incapacidade temporal
dos/as empregados/as do concello de Ames.
Punto noveno. Aprobación inicial do regulamento do Consello sectorial da cultura do Concello
de Ames.
Punto décimo. Aprobación inicial do regulamento de condicións de prestación do Servizo de
Atención Temperá dos concellos de Teo e Ames.
Punto décimo primeiro. Proposición para a aprobación da declaración institucional de loita
contra a fraude.
C) MOCIÓNS:
D) PARA CONTROL DO GOBERNO:
Punto décimo segundo. Rogos e preguntas.
.