Pestanas principais

>Pleno sobre o estado do Concello

Xoves, 7 abril, 2022
Ás 20.30 horas

Primeiro. Convocar sesión extraordinaria do Pleno do Concello 2022 cuxo único punto da
orde do día será o seguinte:
Punto Único. Debate sobre o Estado do Concello.
A sesión terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro o xoves día 7 de
abril de 2022, ás 20.30 horas.
Segundo o acordado na reunión da Xunta de Voceiros mantida o 31.03.2022 os tempos
previstos no artigo 41 do ROM modifícanse quedando as intervencións coas seguintes
duracións:
- Alcaldía: 10 minutos;
- Voceiros primeira quenda: 10 minutos;
- Voceiros segunda quenda: 5 minutos;
- Peche Alcaldía: 5 minutos.
No caso de non poder asistir á sesión plenaria, os/as concelleiros/as deberán acreditalo con
antelación suficiente ante esta Alcaldía.
De non se poder celebrar a sesión por falta do número legal de asistentes (artigo 46.2.c da
Lei 7/1985, de 2 de abril) entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora
dous días despois (artigo 90.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime
xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro).
Segundo. Notifíquese en forma axeitada á legalidade.