Pestanas principais

> Pleno Extraordinario

Mércores, 24 marzo, 2021
Ás 20.30 h.

ORDE DO DÍA:
Punto primeiro. Modificación do artigo 13 da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles do Concello de Ames, reducindo o tipo de gravame aplicable aos bens inmobles de natureza urbana ao mínimo legal do 0,40%.

Punto segundo. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Ames, equiparando as cotas tributarias ás recollidas no artigo 95.1 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais (aprobado polo real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo).

Punto terceiro. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións e instalacións e obras reducindo o tipo impositivo ao 0,10%

Punto cuarto. Modificación do artigo 14 da ordenanza fiscal do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana reducindo o tipo impositivo ao 1%.

Punto quinto. Modificación do anexo I da ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana rebaixando nun 20% todas as tarifas contidas no anxo I da ordenanza.

Punto sexto. Modificación do artigo 6 da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo saneamento e depuración de augas residuais reducindo nun 20% as cotas tributarias.
Punto sétimo. Modificación do artigo 6 da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración da auga rebaixando nun 20% as cotas tributarias.

Punto oitavo. Derrogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola licenza de apertura de establecementos ou pola actividade de control posterior daquelas actividades sometidas a
comunicación previa ou declaración responsable. 

Punto noveno. Derrogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de licenzas urbanísticas.

Punto décimo. Derrogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.