- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso.
Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza o venres, 12 de setembro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, co espectáculo “Para cantar e bailar”, de Luís Prego e Samuel Soto.
Trátase dun programa de actividades que está pensado para a ampla variedade de familias que se achegan ao proxecto Apego na procura de actividades, recursos e outras propostas creativas e divertidas que faciliten a socialización en galego das crianzas.





