Sábado, 21 marzo, 2026
Ás 11.30 horas
- Tipo
- Tematica
As bibliotecas municipais acollerán unha vez ao mes unha serie de obradoiros, dirixidos a rapazas e rapaces de 3º de primaria en diante, ligados ás datas que conmemora o Calendario do Libro e da Lectura elaborado pola Lei do libro e da lectura de Galicia para fomentar a lectura e a normalización lingüística dende un plano artístico e lúdico.
Durante estes meses as actividades serán estacionais. No mes de febreiro, a temática do obradoiro irá dirixida a conmemorar o Día de Rosalía; en marzo, celebrarase o Día do Teatro; en abril, as creacións estarán enfocadas no Día do Libro; e en maio, como non podía ser doutro xeito, conmemorarase o Día das Letras Galegas.





