Pestanas principais

>Obradoiro de Nadal: Ven decorar a Biblioteca

Luns, 2 decembro, 2019
Ás 17.00 horas

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza dous obradoiros para axudar a decorar as bibliotecas municipais para as festas de Nadal. O luns 2 de decembro terá lugar na Biblioteca de Bertamiráns ás 17.00 horas.

A actividade está destinada para nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria, e todos os participantes recibirán un agasallo pola súa axuda.

A inscrición, dispoñible ata o 29 de novembro, pode formalizarse enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 530 807 / 981 884 829.