Pestanas principais

Obradoiro de competencias socioemocionais

Mércores, 29 maio, 2019
Ás 18.00 horas

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este mércores, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado na xestión de conflitos. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.