Pestanas principais

> Obradoiro da EMMA: produción musical

Sábado, 18 marzo, 2023
Ás 11:00 horas

A EMMA vai realizar, un ano máis, unha serie de obradoiros de música dunha xornada, co fin de fomentar entre a veciñanza amesá unhas condutas saudables que contribúan na súa motivación cara a música e o lecer, e que propicien unha actitude activa e participativa, repercutindo así na mellora da súa calidade de vida. Estes talleres celebraranse durante todos os sábados o mes de marzo. O día 18, o produtor Iago Pico achegará aos participantes á produción musical. No obradoiro resumirase como comeza unha idea para unha canción, así como as distintas fases que se traballan ata lograr un resultado final. Desta maneira, farase un percorrido por todos os procesos da produción musical (a preprodución, o rec, o edit, o mix, o master...).

As persoas interesadas en participar neste ou en en calquera dos outros obradoiros que se impartirán durante o mes de marzo poden realizar a inscrición enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. O custe de cada curso é de 10 euros.

As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición, e confirmadas polo departamento de Cultura a través dunha mensaxe de correo electrónico. Así mesmo, aos participantes confirmados enviaráselles un impreso de autoliquidación do pagamento, e indicaráselles o prazo no que debe realizarse o abono.