Pestanas principais

>Obra de teatro "Unha inimiga do pobo"

Venres, 19 xaneiro, 2024
Ás 20.30 horas

O venres 19 de xaneiro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro "A inimiga do pobo" da man de Talía Teatro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Trátase dunha adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen, na que se denuncian as políticas que antepoñen os beneficios económicos sobre a saúde das persoas, ao tempo que invita a reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública.