Pestanas principais

>Obra de teatro "Made in Galiza"

Venres, 2 febreiro, 2024
Ás 20.30 horas

O venres 2 de febreiro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Made in Galiza" da man de Sarabela Teatro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Baseada na novela homónima de Séchu Sende, coa defensa da lingua como eixo central, esta comedia combina o humor e momentos cotiás con profundas reflexións sociolingüísticas.