Pestanas principais

>Obra de teatro “A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”

Xoves, 14 decembro, 2023
Ás 20:30 horas

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o xoves, 14 de decembro, ás 20.30 horas, a estrea da obra de teatro “A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”. O espectáculo esta dirixido por Noelia Papín e producido por Serea Teatro, que forma parte da produtora Serea Producións. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica.

Serea Teatro é unha das compañías que realizou unha residencia no auditorio sa Casa da Cultura do Milladoiro para ensaios da obra e como actividade de mediación vai representar a obra no noso concello. Esta obra de teatro é o segundo espectáculo dunha triloxía que trata sobre o maltrato que sofren as mulleres que son vítimas da violencia machista e vicaria.