Pestanas principais

>Obra de teatro "Esas cousas marabillosas"

Venres, 22 marzo, 2024
Ás 20.30 horas

O venres 22 de marzo, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Esas cousas marabillosas" da man de Empatía Teatro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Trátase dunha comedia na que se conta unha historia de case tres décadas que comeza cunha muller no hospital despois de intentar suicidarse, o que leva ao seu fillo de sete anos a comezar unha lista de todo o que é marabilloso no mundo, todo polo que vale a pena vivir.