Pestanas principais

O lobo con botas

Luns, 22 abril, 2019
Ás 17.30 horas

Sesión de contacontos gratuíta, a cardo de Os Biosbardos, na biblioteca de Bertamiráns para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Contarase o conto "O lobo con botas". Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran?