Pestanas principais

>O gaiteiro verde

Venres, 20 novembro, 2026
Ás 18.00 horas

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.

O venres 20 de novembro, ás 18.00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle O gaiteiro verde, un obradoiro de confección de instrumentos de música de raíz con materiais naturais. As crianzas, xunto coas familias, confeccionan 6 instrumentos moi sinxelos. É unha actividade didáctica onde, amais de faceren luthiers, cantaremos e aprenderemos a tocar estes instrumentos: o trique.traque, o peto, a racha, agalla, a curuxa, o nunú, a bembella...